lunes, 27 de abril de 2020

CARTA DO CAPITÁN HORATIO McCALLISTER


Boas, son o capitán Horatio McCallister 😊

O voso profe Carlos, que agora quere facerse pasar por capitán, deixoume falar contigo. ARRRRRR!!!

Son parco en palabras, así que non me vou estender moito. Eu fíxenme famoso porque saio na serie esa de debuxos…  Como se chama? Os Simpsons!!! Si, iso é: Os Simpsons!!! Sei que son un bo actor, pero, en realidade, o que me gusta a min é a mar. Onde eu estou cómodo é no mar!!! 

VIVA O MAR!!! ARRRRRR!!!

Pois ben, grumete! Eu ben sei que algún día vas querer ser capitán, non si? Iso de ser un grumete está ben ao principio, pero…

En fin, vouche ensinar a canción que me deu fortaleza cando era un meniño que se embarcaba na súa primeira aventura. Ensinouma o capitán cando era un grumete. Canta comigo!!! ARRRRRR!!!


Unha tartaruga
Tartaruga loura
Tartaruga torta
Que tropeza
Coa torca
Trala porta
Da máis grande roca do mar

ARRRRRR!!!

Grazas a esta canción logrei ser un valente mariñeiro. Agora é para ti, meu amigo. Cántaa durante os próximos días e faina túa!!! Eu volverei para ver como che vai!!!
ARRRRRR!!!

Ata pronto grumete!!! 🙌🙌🙌🙌

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fálame!