domingo, 26 de abril de 2020

BOAS GRUMETE!



Acabo de construír este barco e é enorme! Xigante! Indestrutible! Abraiante! Supercalifraxelisticoespiali… Ben… Vou parar que me estou emocionando…



O que debes saber é que son Carlos e son o capitán! Gústame ler, escribir e viaxar por horizontes nunca vistos! Descubrir mundos novos! Gústame o chocolate! Os tomates! As baleas! As quenllas! As sardiñas nas cacharelas! E, sobre todo, GÚSTAME O MAR! HA, HA, HA!

No noso barco non hai perigo de enfermar nin de nada, de nada, de nada, de nada, de nadísima. Todo o contrario! Imos facer cousas moi divertidas, DIVERTIDÍSIMAS!!!


APÚNTASTE Á AVENTURA? 😁😁😁

Explícoche: o barco no que imos navegar é un pouco distinto ao que imaxinas. Estou convencidísimo!!! Talvez non sexa de madeira nin sirva para ir a pescar, pero está feito nas redes… Iso seguro!!! Nas redes de internet!!!



Xa o irás descubrindo pouco a pouco. Xa verás! Vas alucinar! Estou emocionadísimo!!!

Pero a ver. Voume centrar… Que che parece se te me presentas? Hai moitos tipos de mariñeiros. Quero saber de que pasta estás feito! O barco é moi grande e dá moito traballo e diversión. Que tipo de grumete queres ser? Cóntamo ben nos comentarios e mándame o teu debuxo a imaxinaenpalabras@gmail.com

PRESÉNTATE GRUMETE! 
HA, HA, HA! 🙆🙆🙆  


5 comentarios:

  1. EU quero ser alguén rápido e listo,EU son Alexandre EU vou viaxar no barco de Carlos gracias. Quero viaxar a o barco que está no fondo do mar

    ResponderEliminar
  2. Hola soy Sofía, yo quiero ser la princesa del barco quiero ir a una cueva misteriosa.

    ResponderEliminar
  3. hola soy unai quiero ser el cofidente del capitan,me gustaria buscar el tesoro perdido ,barcos hundidos y explorar lugares que nadie encontro

    ResponderEliminar
  4. me gustaria ser un pirata porque quero se u pitrta de los enemigos y combatir contra el mundo

    ResponderEliminar
  5. Soy rudo, valiente, ayudo, limpio, recargo y soy optimista. mi nombre es alex el terrible titan

    ResponderEliminar

Fálame!