jueves, 30 de abril de 2020

Telexornal


Boas grumete! 😊

Quero que fagas algo moi, moi divertido. Quero que intentes ser xornalista! Eu creo que podes conseguilo! Como? Pois agora che explico porque é moi, moi sinxelo.



Quero que penses algo divertido que pasara estes días e que mo contes coma se fose unha noticia do telexornal, pero en vez de falar das cousas dos políticos ou do coronavirus quero que me fales da túa vida e que o graves en vídeo. Queres que che poña un exemplo?

Pois imaxina que eu digo, con voz súper seria de presentador...

Queridos espectadores, hai dous días un lagarto intentou entrar na miña casa. Foi moi divertido porque foi visitando todas as ventás da casa ata encontrar unha aberta. Cando conseguiu entrar esperou a que me descalzase para lamberme os pés e fíxome cóxegas. Case escacho coa risa!

Esa sería a miña noticia, pero vós tedes que inventar unha distinta e contarma, vale? Recordade que o vídeo ten que durar entre 20 e 60 segundos. Si? Pois adiante! Despois pasádesmo a imaxinaenpalabras@gmail.com

Teño moitísimas ganas de velo! 😀😀

Adiante grumete!!! 🙌🙌🙌

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fálame!