Un tiburón apareceu nas nosas vidas! Vouvos a contar a historia...
O BARCO DO MAXÍN
lunes, 1 de junio de 2020
Academia Tatatachán!!! A espectacular aparición do tiburón Turrón!!!
Boas Grumete!!! 🙌🙌🙌
Un tiburón apareceu nas nosas vidas! Vouvos a contar a historia...
Un tiburón apareceu nas nosas vidas! Vouvos a contar a historia...
lunes, 25 de mayo de 2020
Academia Tatatachán!
Boas grumete! 🙌🙌🙌
Unha vez que foi avistada a rula Tere, quero falarvos dunhas cousas...
Unha vez que foi avistada a rula Tere, quero falarvos dunhas cousas...
lunes, 18 de mayo de 2020
ACADEMIA DE MAXIA TATATACHÁN!!! A rula Tere
Boas grumete!!! 😁😁😁
Hoxe quero que veñades comigo para buscar á rula Tere. Vainos axudar moitísimo!
Hoxe quero que veñades comigo para buscar á rula Tere. Vainos axudar moitísimo!
domingo, 17 de mayo de 2020
Academia de maxia: faloume un miñato!!!
Boas grumete! 😁😁😁
Aquí che deixo un conto. É importante coñecer aos paxariños e a min faloume un miñato!
Non digo nada máis e déixovos co vídeo.
lunes, 4 de mayo de 2020
ACADEMIA DE MAXIA: TATATACHÁN!!!
jueves, 30 de abril de 2020
Telexornal
Boas grumete! 😊
Quero que fagas algo moi, moi divertido. Quero
que intentes ser xornalista! Eu creo que podes conseguilo! Como? Pois agora che
explico porque é moi, moi sinxelo.
Quero que penses algo divertido que pasara
estes días e que mo contes coma se fose unha noticia do telexornal, pero en vez de falar das cousas dos políticos ou do coronavirus quero que me fales da túa vida e que o graves en vídeo. Queres que che poña un
exemplo?
Pois imaxina que eu digo, con voz súper seria de presentador...
Queridos espectadores,
hai dous días un lagarto intentou entrar na miña casa. Foi moi divertido porque
foi visitando todas as ventás da casa ata encontrar unha aberta. Cando conseguiu entrar esperou a que me descalzase para lamberme os pés e fíxome cóxegas.
Case escacho coa risa!
Esa sería a miña noticia, pero vós tedes que
inventar unha distinta e contarma, vale? Recordade que o vídeo ten que durar
entre 20 e 60 segundos. Si? Pois adiante! Despois pasádesmo a imaxinaenpalabras@gmail.com
Teño moitísimas ganas de velo! 😀😀
Adiante grumete!!! 🙌🙌🙌
miércoles, 29 de abril de 2020
Envío de cartas!!!
Querido grumete,
Non sei se sabes que son amigo dos paxariños.
Son moi amigo dos paxariños. Eu son o mellor amigo dos paxariños do mundo mundial! Cando manexas
un barco é imposible non ser amigo deles… Grazas aos paxaros sei se estou cerca da terra
ou perdido no medio do mar. Grazas aos paxaros guíome se aprendo as súas
migracións. Grazas ao ánimo dos paxaros intúo que tempo vai facer e sei que
roupa poñerme. Grazas aos paxaros voa a miña imaxinación.
Como agora estou confinado e non podo saír,
tampouco podo velos. Ás veces asubío dende a casa e intento imitar a lingua dos
paxaros, pero a eles non lles gustan as casas porque prefiren as árbores e xa nunca se paran a falar comigo.
O que quería contarte é que alguén enviou unha
mensaxe atada na pata dunha ave á miña ventá.
Escribiume moitas cousas que non podo contar
porque son un segredo, pero grazas a iso sei que a mensaxe veu da escola. Si!
Adiviñeino! Non podo contar como, mais descubrino. E aínda que non saiba quen me enviou a carta, fíxome moita ilusión.
Por esa razón, quero invitarte a que lle
escribas unha carta a algún compañeiro ou compañeira que botes en falta e que
teñas ganas de velo. Ela, ou el, vai estar desexando que lle contes a súa vida. Pode ser
unha carta, dúas, tres... Envía as
cartas que queiras, pero acórdate de firmalas e de facelas ben!!!
Como agora non é moi boa idea mandalas por
Correos, voume ocupar eu do envío ✌✌✌
Mándalla ao teu amigo enviándoa imaxinaenpalabras@gmail.com . Eu prometo que non a miro! E, se non a podo
enviar agora, deixareina na escola para que cando volvamos a vexa, pero seguro que se
pode!
Antes de mandala lembra que tés que dicir como te chamas e a quen lla queres enviar. Ah! E repasa en internet como se
escribe unha carta. Que hai que ser profesionais, eh! Vale?
PD: Se tes algunha dúbida, podes escribila nos comentarios e así resolvemos as de todos 😊😊😊
Adiante grumete!!! 🙌🙌🙌
Suscribirse a:
Entradas (Atom)